Concurso literario

XIV Edición do premio infantíl de contos

«Mestre Xosé Agrelo»

                                                           

 

 

 

Coa ansia de fomentar a creatividade fabuladora dos nenos, a asociación de pais do C.E.I.P."RICARDO TOBÍO" convoca dende o curso 2000/01 o premio infantil de contos "Mestre Xosé Agrelo". Facendo ao mesmo tempo un recoñecemto público do singular personaxe inesquecible neste colexio, de acordo coas seguintes

 

BASES

 

 

Primeira.

Poderán optar ó premio tódolos rapaces que cursen estudios no C.E.I.P: "Ricardo Tobío" de Esteiro e na E.E.I. de Tal de Abaixo, ,  que presenten narracións inéditas e non premiadas con anterioridade, e escritas en galego.

Segunda.

Outorgaranse catro premios que se conformarán por cursos en catro categorías: A=Ed. Infantil, B=1º ciclo, C=2ºciclo e D=3ºciclo.

Terceira.

As obras serán de tema e extensión libres e escritas a man, presentaranse baixo un título e un seudónimo, con un sobre cerrado no que por fóra constará o título do conto e o seudónimo, e que conteña no seu interior o nome e os apelidos do autor, o seu domicilio, e número de teléfono.

Cuarta.

O prazo de recepción das obras rematará o día 30 de maio do2014, e entregaranse na secretaría Colexio.

Quinta.

O xurado estará presidido polo señor Director do C.E.I.P."Ricardo Tobío" e formarán parte del a Presidente/a da asociación de pais, e tres persoas  que designará a asociación de pais de alumnos.

Sexta.

O xurado valorará a orixinalidade literaria, a coherencia gramatical e a autonomía á hora de elaborar o conto por parte do alumnado. Na categoría de Infantil, pode colaborar a familia, pero premiarese o traballlo do alumno ou alumna. O xurado poderá declarar desertos un ou máis premios, se o  considera oportuno.

Sétima.

Os contos serán individuais, polo que o xurado só premiará ao autro ou autora do mesmos, independemente de que colaboren no conto máis persoas, como ilustradores.

Octava.

A A.N.P.A. resérvase o dereito de publicación das obras entregadas, e os exemplares aportados ao concurso quedarán na escola.

Novena.

A presentación das obras supón a aceptación destas bases por parte dos seus autores.