¿Qué é o cosello escolar?

O Consello Escolar é o órgano colexiado de goberno do centro a través do cal participan na súa xestión os distintos membros da comunidade escolar.

 

¿Qué competencias ten o consello escolar?

LOE Artigo 127. Competencias do consello escolar.

O Consello escolar do centro terá as seguintes competencias:

  1. Aprobar e avaliar os proxectos e as normas a que se refire o capítulo II do título V desta lei.

  2. Aprobar e avaliar a programación xeral anual do centro sen prexuízo das competencias do claustro de profesores, en relación coa planificación docente.

  3. Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados poos candidatos.

  4. Participar na selección do director do centro nos termos que esta lei establece. Ser informado do nomeamento e do cesamento dos demais menbros do equipo directivo. De ser o caso, logo do acordo dos seus membros, adoptado por maioría do dous terzos, proponer a revogación do nomeamente do director.

  5. Decidir sobre a admisión de alumnos con suxestión ao establecido nesta lei e disposicións que a desenvolvan.

  6. Coñecer a resolución dos conflitos disciplinarios e velar porque se ateñan á normativa vixente. Cando as medidas disciplinarias adoptadas polo director correspondan a condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o consello escolar, por instancia de país ou titores, poderá revisar a decisión adoptada e proponer, de ser o caso, as medidas oportunas.

  7. Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, a igualdade entre homes e mulleres e a resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social.

  8. Promover a conservación e renovación das instalación e equipo escolar e aprobar a obtención de recursos complementarios de acordo co establecido no artigo 122.3. *

  9. Fixar as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, coas administracións locais, con outros centros, entidades e organismos.

  10. Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas en que participe o centro.

  11. Elaborar propostas e informes, por iniciativa propia ou por petición da Administración competente, sobre o funcionamento do centro e a mellora da calidade da xestión, así como sobre aqueloutros aspectos relacionados coa súa calidade.

  12. Calquera outra  que lle sexa atribuída pola Administración educativa.

 

*(Os centros docentes públicos poderán obter recursos complementarios, logo de aprobación do consello escolar, nos termos que se establezan as administracións educaticas, dentro dos límites que a normativa vixente establece. Estes recursos non poderán provir das actividades levadas a cabo polas asociacións de pais e de alumnos en cumprimento dos seus fins e deberán se aplicados aos seus gastos, de acordo co que as adiministracións educativas establezan.)                                         

 

 

O consello escolar do noso centro, curso 2012-2013

EQUIPO DIRECTIVO

DIRECTOR:  GONZALO BREA ROMANÍ

XEFA DE ESTUDIOS:  DOMITILA MAYO LESTÓN

SECRETARIO:  LUIS ANXO SÁNCHEZ GARCÍA

 

REPRSENTANTES DO PROFESORADO

CARMEN MONTEAGUDO ROMERO

MEI CAMBA CASTRO

SELA DE SIMÓN RÚA

RAQUEL VIÑA MOLINOS

MARINA CAMIÑO MARGARIDO

 

REPRESENTANTES DE NAIS/PAIS

AMALIA ABEIJÓN MAYO (REPRESENTANTE DA ANPA)

MARÍA MANUELA MAYO MONTES

TERESA ABEIJÓN TOBÍO

SORAYA HERMIDA PIÑEIRO

MÓNICA SANDE PIÑEIRO

 

REPRESENTANTE DE SERVIZOS

JOSÉ RAMÓN ROMERO ECHEVERRI

 

REPRESENTANTE DO CONCELLO

MANUEL BARTOLOMÉ FREIRE EIRAS

 

REPRESENTANTE DO ALUMNADO

ÁLVARO FARINÓS CRUZ – 6º de primaria

 

 

Recordámosvos que podedes, a través dos representantes dos pais e do representante da ANPA no consello escolar  levar propostas, ideas, reclamación, etc. Ante o Consello Escolar. Facéndoas chegar directamente os representantes (mellor por escrito) ou a través do correo electrónico da ANPA.

 

 

 

Video explicativo sobre o consello escolar da CEAPA:

 https://blip.tv/aire/consejos-escolares-creando-comunidad-educativa-6392732