SOLICITUDE DE DEVOLUCIÓN DOS GASTOS AFRONTADOS POLA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL CURRICULAR.

09.07.2015 22:55

                                      

   

Espoñémosvos o correo tal cal o recibimos da Federación Prov. ANPAS para seguir reclamando unha verdadeira ensinanza gratuíta, o que inclúe os libros e material curricular:

 

"Estimadas ANPAS. Reenviamos escrito para presentar no Centro Educativo que rogamos facilitedes ás familias. Sabemos que é un esforzo xa que agora ao mellor xa o tedes complicado para localizalas, pero agradecemos que nos axudedes de novo a que non se esquenza que este despropósito dos libros de texto non se pode repetir e que a Consellería debe escoitar a voz dos dos pais e nais e asumir a volta a gratuidade universal.

Se non hai posibilidade de presentalo agora, que se faga en setembro. Cando sexa, que se presente orixinal e copia para que lle quede ao pai/nai a copia e se vos preguntan os directores que se fai co documento, a resposta é que llo manden á Consellería.

Unha aperta.

Xunta Directiva Federación Prov. ANPAS "

SOLICITUDE DE DEVOLUCI-ôN DOS GASTOS AFRONTADOS POLA ADQUISICI-ôN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL CURRICULA1.doc (31744)