Resumo da reunión 05/04/2013

05.04.2013 18:57

Os representantes dos pais no consello escolar convocaron unha reunión para informar aos pais dos asuntos pendentes para aprobar no próximo consello escolar (08/04/2013) das propostas que se teñen previsto levar e de recoller outras dos pais asistentes( só 18).

Falouse tamén doutros asuntos como a posibilidade da creación dun "banco de libros", un proxecto moi interesante para todos, pero que precisa da máxima colaboración dos pais tanto doando os libros, como participando activamente no proxecto para que este saia a diante. Acordouse que na próxima reunión da ANPA se redactarían as normas e o funcionamento do "banco de libros" para poder beneficiarnos del, xa para o próximo curso.