Organización dunha xornada de formación de anpas

08.01.2013 10:24

A directiva da federación de anpas
da Costa da Morte aprobou na última reunión:


1º- a organización dunha xornada de formación de anpas no Pazo da Cultura de Carballo, o sábado 26 de xaneiro de 2.013, de 17 a 20 horas, dividido en dúas partes. A primeira parte irá destinada ás anpas e ás nais e pais membros de consellos escolares, e a segunda, ademais das anpas, será aberta a todos os membros da comunidade educativa dos diversos centros de ensino públicos e/ou a persoas interesadas.

2º- a realización dunha proposta de referendo de libros de texto e
material escolar nos centros de ensino da Costa da Morte.

 

-----------------------------------------------------------------------------------------------------                        I XORNADA DE FORMACIÓN PARA ANPAS

 

Sábado 26 de xaneiro

De 17:00 a 20:00 horas

Pazo da Cultura de Carballo.

 

Programa:

* de 17 a 18.30 h

A XESTIÓN DAS ANPAS

* Lexislación.

* Funcionamento

* Financiamento.

* Contabilidade.

* Protección de datos.

* Preguntas e suxestións.

 

Ponentes:

* Loli Fernández Vázquez, xefa do Negociado de Intervención da Universidade da Coruña, presidenta da anpa “Manuel Murguía” do IES Agra de Leborís da Laracha e membro do seu Consello Escolar.

 

* Pepe Bustelo Tarrío, licenciado en empresariais pola universidadede Santiago de Compostela, presidente da anpa “Fonte da Cristina” do CEIP A cristina de Carballo e membro do seu Consello Escolar.

 

 

* Jesús M. Domínguez Fernández, asesor dunha empresa de Protección de Datos de Carácter Persoal.

 

* de 18.30 a 19:00 h Descanso de media hora.

 

* De 19.00 a 20.00 horas

A SITUACIÓN DO ENSINO PÚBLICO

* O presente: fortalezas e debilidades.

* O futuro: os cambios que pretende introducir a LOMCE.

* Debate aberto entre todas as persoas presentes.

 

Ponente:

* María Rei Vilas, Xefa de Estudios do IES Agra de leborís da Laracha, licenciada en bioloxía pola USC e Diploma de Estudos Avanzados en Didáctica e Organización Escolar pola UdC.