Festa de nadal

17.12.2012 21:54

Festa de Nadal
O vindeiro venres, 21 de decembro as 17:30 celebrarase unha festa para todos os nenos e pais socios da ANPA, na que non faltará unha boa merendola con chocolatada incluída, música, colchoneta, xogos e o máis importante ¡a visita de "Papá Noel"¡
Aproveitamos para dicirvos que o prazo para facerse socio da ANPA remata este venres 21 de decembro, animamos a todos os pais a que se fagan socios, xa que as actividades que se fan para os nenos subvenciónanse en parte coas cotas dos socios, e por suposto, cantos máis pais sexamos máis seremos a dar ideas, porque todos temos cousas boas que aportar, ANIMÁDEVOS.

Saúdos e ¡Felices Festas¡