Consello escolar 28/01/2013

29.01.2013 15:18

Na pasada reunión da ANPA do día 17 de xaneiro imformóusevos aos pais dos puntos a tratar na reunión do consello escolar prevista para o día 21 de xaneiro, que finalmente pospúxose para onte, día 28 por problemas internos. Tamén se recolleron as vosas preguntas e rogos para levalas ao consello escolar.

 

Breve resumo:

  1. Lectura da Acta anterior
  2. Balance Económico 2012
  3. Avaliación Diagnostica 2013
  4. Informes Varios

                   a. Obras prometidas desde a Xefatura Territorial.

                   b. Calefacción no Centro.  

                   c. Cota das act. Extraescolares( Faltan 36 alumnos por pagar)

                   d.Auxiliar de conversa

                   e. Obras do Concello:

                                 - Anclaxe do material deportivo enviado pola Xef. Territorial aínda sen realizar.

        5.Rogos e preguntas.

 

Obras prometidas: Enviaranse escritos dende o Colexio e a ANPA para recordar e reclamar as Obras prometidas pola Xefatura.

Calefacción: Confirmóusenos que a calefacción está a funcionar ben de momento, pero quedan pendente o cambio dalgunhas pezas.

Sobre as cotas pendentes: Aprobouse o envío dunha nota informativa e de chamamento as familias polo asunto da cota anual que está aprobada polo consello escolar para colaborar nos gastos das actividades extraescolares (tanto da mañá como da tarde).

Auxiliar de conversa : Está dando 12 horas semanais, os nenos van por grupos e atópanse moi motivados.

Obras do Concello: Dado que o representante do Concello non estaba procederase a mandarlle o acordo de que queda pendente o anclaxe do material.

 

Apartado (5) fixemos as suxerencias e preguntas que nos transmitístedes na reunión.

 

Suxerencias/rogos:

 

- Adaptar a elección dos libros o presuposto máximo das axudas de 170 euros. ( Ao que nos dixeron que elixindo os libros que elixiran a diferencia había de ser pouca, pero farían o posible.)

- Solicitamos que cando tiveran algunha incidencia no colexio como a da falta de calefacción que no lo comunicasen os pais a través da ANPA.

- Aclarouse a dúbida de se os nenos podían entrar no recinto escolar a partir das 9:20 ainda que non houbera profes de garda( xa que se poden atrasar  algún día puntual) é efectivamente poden entrar aínda que non estean.

 

Preguntas:

-¿Quen é o responsable do mantemento de pequenas obras do colexio? Tapas goteiras, anclar material deportivo...( O concello)

- Si se cancela o autobús das actividades extraescolares¿ Pagaríanse as saídas da mañá?( Ao que se nos dixo que si. )

 

 

NOTA: Leváronse as propostas de un grupo de nais/pais moi reducido que asistiron a reunión, esperamos que para a próxima reunión que se faga ( poñerase na nota que é para o consello escolar como se nos solicitou na reunión) se animen máis pais a vir, xa que cantos máis participemos e opinemos, máis suxerencias e propostas podemos aportar.